Estás en:Novas

A Deputación e ALAS Coruña exploran vías de colaboración en iniciativas de apoio á diversidade e inclusión das persoas LGTBI

A Deputación e ALAS Coruña exploran vías de colaboración en iniciativas de apoio á diversidade e inclusión das persoas LGTBI

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo este martes unha reunión coa presidenta de ALAS Coruña, Ana G. Fernández, e o técnico de Igualdade da entidade, Pablo Zas Varela.

Durante o encontro, abordáronse os proxectos que ALAS Coruña está a desenvolver en diferentes ámbitos para visibilizar e defender os dereitos das persoas LGTBI+, así como novas propostas nas que a Deputación da Coruña podería prestar o seu apoio.

Entre os temas tratados, destacaron a importancia de continuar desenvolvendo campañas de sensibilización para combater a LGTBIfobia e accións que aseguren unha maior inclusión social en ámbitos como o do deporte, onde son necesarios máis espazos inclusivos.

O presidente da Deputación destacou o importante traballo que realiza ALAS Coruña e o impacto positivo do súa actividade na construción dunha cidade e unha provincia máis aberta e respectuosa coa diversidade. Pola súa banda, a entidade puxo en valor o apoio institucional recibido e destacou a necesidade de manter unha colaboración estreita para avanzar en proxectos clave que beneficien ao colectivo.