Estás en:Novas

O pleno da Deputación aproba preto de 1 millón de euros en melloras de estradas provinciais en Santiago, Camariñas, Curtis, Vilasantar e A Coruña

Actuarase no firme e capa de rodaxe de seis vías de titularidade provincial

O pleno da Deputación aproba preto de 1 millón de euros en melloras de estradas provinciais en Santiago, Camariñas, Curtis, Vilasantar e A Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade catro proxectos de mellora en seis estradas de titularidade provincial situadas nos termos municipais de Santiago de Compostela, Camariñas, Curtis, Vilasantar e A Coruña. A suma total dos investimentos para mellorar as vías é de 950.758,25 euros.

Mellora do firme na DP 7803 en Santiago

A Deputación da Coruña aprobou o proxecto de mellora de firme na DP 7803, no termo municipal de Santiago de Compostela, entre os puntos quilométricos 0 e 2+500. O orzamento de execución desta obra é de 393.790,39 euros e conta cun prazo de execución de cinco meses.

As actuacións prevén a mellora do firme e inclúen a apertura de cunetas e limpeza de beiravías e paseos, o fresado e reposición de firme en zonas puntuais deterioradas e o extendido de capa de mezcla bituminosa en quente. Ademais, renovarase a sinalización horizontal no tramo da estrada sobre o que se actúa, mediante pintura branca con resalto en beiravías e rotulación de símbolos. Tamén se renovará a barreira de seguridade tipo bionda cos terminais correspondentes.

Nova capa de rodaxe entre Ponte do Porto e Camelle, en Camariñas

Tamén recibiu luz verde o proxecto de mellora da capa de rodaxe do tramo de la estrada DP-1601 en Camariñas (A Ponte do Porto a Camelle), entre os PP.QQ. 0+805 e 4+165, mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente a todo o ancho da plataforma da estrada.

Actualmente, a rodaxe da maior parte do tramo de estrada está formada por un triple tratamento superficial mediante regos con gravilla. Por iso, previamente ás operacións de pavimentación deberán levarse a cabo as operacións de roza de marxes, limpeza de beiravías e apertura de cunetas.

Tamén se contempla a renovación das obras de drenaxe transversal situadas á altura de los PP.QQ. 3+568 e 3+793 mediante tubaxes de formigón, coas respectivas embocaduras en aleta e pozo. Para previr a chegada de arrastres cara a calzada da estrada proxéctase a pavimentación das interseccións dos camiños de servizo coa vía provincial mediante pavimento de formigón. Por último, inclúese a reposición das marcas viarias existentes, así como das unidades de defensa e balizamento necesarias.

O orzamento de execución é de 342.477 euros e o prazo de execución, de catro meses.

Reforzo do firme en Curtis e Vilasantar

Por outra banda, o pleno da Deputación tamén aprobou o proxecto de reforzo do firme na DP 3204 entre os puntos quilométricos 1+070 e 1+700, así como na DP 3202 (Curtis e Vilasantar). Serán destinados a esta obra, que conta cun prazo de execución de tres meses, 169.346,53 euros.

O obxectivo é paliar as consecuencias dos efectos meteorolóxicos adversos que crearon un deterioro importante na capa de rodaxe das vías. A actuación consiste en saneamentos puntuais da capa superficial nunha superficie aproximada de 150 m2 e posterior dotación dunha capa de rodaxe nunha superficie de 6.096 m². Dita capa estará constituída por unha mestura asfáltica en quente.

Posteriormente, sinalizaranse os tramos de actuación dotándoos de marcas viarias con pintura acrílica en base acuosa para conformar tanto o eixo como as bandas laterais de calzada. Así mesmo, complementarase con sinalización vertical para a mellora da seguridade viaria de todo o tramo

Nova capa de rodaxe na Coruña

Por último, o pleno aprobou a mellora da capa de rodaxe na DP 3004 Cabanas ao punto quilométrico 0,86 da DP 0512, na Coruña.

As obras a realizar inclúen o despexe e limpeza de beirarrúas, cunetas por ambas marxes; a limpeza de sumidoiros e condutos de pluviais; o fresado necesario de firme existente; o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente; a renovación da sinalización horizontal mediante pintura acrílica en base acuosa e o recrecido de tapas de rexistro de pozos e sumidoiros para adaptalos á nova rasante, ademais da recolocación de pletinas metálicas de accesos.

O orzamento fixado para este proxecto é de 45.143,83 euros e o prazo de execución dos traballos, dun mes.