Estás en:Novas

A Deputación financia con 100.000 euros o programa de actividades formativas e culturais do centro asociado da UNED na Coruña

Inclúe 85 actividades de divulgación, conferencias e cursos das que se beneficiaron 8.421 persoas

A Deputación financia con 100.000 euros o programa de actividades formativas e culturais do centro asociado da UNED na Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 100.000 euros o Centro Asociado á UNED da Coruña para o financiamento da súa programación de actividades formativas e culturais durante o presente ano.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a directora do centro asociado da UNED na Coruña, Ana Mónica Novo, asinaron o convenio de colaboración a través do cal a institución provincial financia este ciclo de actividades.

Durante este ano, a UNED programou un total de 85 actividades, conferencias e cursos polas que pasaron 8.412 alumnos e alumnas, e que abranguen disciplinas tan diversas coma o Dereito, a investigación social, a literatura e a historia, as ciencias da saúde ou as novas tecnoloxías.

Formoso destacou  "o amplo abano do programa formativo que ofrece a UNED e que permite o acceso á educación a persoas de todas as idades na provincia co fin de que poidan ampliar os seus coñecementos obtendo certificacións do máis alto nivel".