Eulalia Agrelo
Esta semana, #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras achégase a Rianxo, para destacar o traballo da filóloga e profesora Eulalia Agrelo.
María Eulalia Agrelo Costas, naceu en Asados (Rianxo), e é unha filóloga e ensaísta galega.
Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os anos 1998 e 2000 traballou no proxecto Informes de Literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo a dirección de Blanca-Ana Roig, colaborando tamén neste e noutros proxectos do citado Centro, como é o de Dicionarios de Literatura, dirixido por Anxo Tarrío, e o de Narrativa Recuperada, dirixido por Modesto Hermida. Así mesmo, foi membro do Grupo de Investigación Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Lecturas textuais e visuais (LITER 21) e membro da secretaría da Rede Temática de Investigación As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. A súa influencia na formación literaria e lectora (LIXMI).
Participou en diversos congresos, encontros e xornadas sobre a literatura infantil e xuvenil galega e sobre a literatura galega en xeral, ademais de colaborar en diferentes volumes, catálogos, revistas e xornais. Por outra parte, foi docente na Universidade de Deusto (2003-2009), na Universidade de Santiago de Compostela e no ensino medio.
Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz é a súa tese de doutoramento dirixida por Blanca-Ana Roig.
É profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Departamento de Didácticas Especiais. Nesta Facultade tamén é Vicedecana de Relacións Institucionais. En 2021 foi nomeada resposábel de cultura do Campus.
Colaborou no Anuario de investigación en literatura infantil y juvenil, Elos: revista de literatura infantil e xuvenil, Boletín Galego de Literatura e Revista Galega do Ensino.
Obra na Biblioteca Provincial
- Educar en feminino, María Victoria Moreno e Nosoutras : ensino e literatura, un camiño de ida e volta / Eulalia Agrelo-Costas e Carmen Ferreira (coordinadoras). Hércules de Ediciones, D.L. 2020. [GAL I 103]
- Guerras mundiais na literatura infantil e xuvenil galega : roles femeninos / baixo a coordinación de Eulalia Agrelo Costas. Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2017. [GAL/17737]
- Narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxías / [Mª Eulalia Agrelo Costas ... [et al.]]. Santiago de Compostela : Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002. [GAL/10395]
- Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra / director do proxecto Modesto Hermida García ; edición, introdución e notas Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño González. [Santiago de Compostela] : Secretaría Xeral de Política Lingüística, D.L. 2007. [GAL/13442]
A autora nas redes
https://liter21.usc.gal/