A deputada de Educación clausura os cursos da UNED Sénior na Coruña
Yoya Neira participou esta mañá na sede coruñesa da UNED na entrega de diplomas aos participantes nos cursos para maiores de 55 anos
A deputada de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Yoya Neira, participou hoxe no centro asociado da UNED na Coruña no acto de clausura e entrega de diplomas aos participantes nos cursos da UNED Sénior, dirixidos a maiores de 55 anos.
Os cursos contaron cunha programación ampla e diversa, que permite aos maiores continuar e enriquecer a súa formación en distintos ámbitos, desde as ciencias ás artes, independentemente da formación académica previa que posúan.
O programa UNED Sénior enmárcase na programación cultural da institución académica que impulsa a Deputación da Coruña a través dun convenio e que este ano permitiu programar un total de 85 actividades, conferencias e cursos nos que participaron 8.421 persoas de todas as idades e que abranguen disciplinas tan diversas coma o Dereito, a investigación social, a literatura e a historia, as ciencias da saúde ou as novas tecnoloxías.