AMICOS agasalla á Deputación con axendas de 2025
A Asociación Amicos agasallaou hoxe á Deputación da Coruña cun lote de axendas de 2025 elaboradas a man polo alumnado dos seus obradoiros no centro en Boiro.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado José Ramón Rioboo agradeceron o agasallo, empaquetado nunha bolsiña ecolóxica de tea de saco co lema "A Deputación ao teu carón" e desexaron un bo Nadal á gran familia de Amicos.
A iniciativa, xa convertida nunha tradición, naceu hai uns anos durante unha visita do presidente á entidade, na que puido comprobar o excelente traballo que realizan os alumnos dos obradoiros de Amicos, destinado á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. Desde entón, cada Nadal, a entidade agasalla á Deputación cun lote de axendas polo Nadal.