Estás en:Novas

A Deputación remite ao Concello de Oroso o convenio para a execución das obras avenida da Garabanxa, nas que incrementa o investimento ata os 638.936 euros

A Deputación non só mantén o seu compromiso de executar as obras de humanización da avenida, senón que incrementou o investimento en máis de 110.000 euros

Insta ao Concello de Oroso a solucionar as obras de saneamento, que son de competencia municipal

A Deputación remite ao Concello de Oroso o convenio para a execución das obras avenida da Garabanxa, nas que incrementa o investimento ata os 638.936 euros

A Deputación da Coruña remitiu onte ao Concello de Oroso o borrador do convenio para a execución das obras de mellora da avenida da Garabanxa (DP-3801), nas que se contempla un investimento de 638.936 euros, que será financiado integramente pola institución provincial, dado que se trata dunha estrada provincial.

Así, a Deputación non só mantén o seu compromiso, reiterado en varias ocasións, de executar estas obras de humanización da avenida da Garabanxa, senón que incrementa o investimento previsto en máis de 110.000 euros, pasando dos 518.548 euros previstos inicialmente a 638.936 euros.

A Deputación insta agora ao Concello de Oroso a resolver o financiamento das obras de saneamento, que son de competencia municipal, e a achegar a documentación necesaria para completar o expediente para proceder á contratación conxunta dos traballos coa maior brevidade posible.

A humanización da avenida da Garbanxa mellorará unha das principais entradas e travesías de Sigüeiro con novas beirarrúas, zonas peonís e lombas. As obras suporán unha renovación total da avenida, coa instalación de novas luminarias, zonas verdes e mobiliario urbano, así como a pavimentación da estrada e a mellora dos accesos aos garaxes.