Estás en:Novas

O pleno da Deputación aproba un investimento de case 530.000 euros na mellora da estrada DP-6202 en Outes

O pleno da Deputación aproba un investimento de case 530.000 euros na mellora da estrada DP-6202 en Outes

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade na sesión plenaria celebrada hoxe o proxecto de mellora da estrada DP-6202, no termo municipal de Outes.

Os traballos planificados comprenden a actuación na vía que vai de Outes á AC-400 por Valadares, entre os puntos quilométricos 0+358 e 4+498 mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor a todo o ancho da plataforma da estrada. Ademais, poñerase a cota as tapas de rexistro e sumidoiros existentes.

Previamente a estas operacións de pavimentación deberá levarse a cabo a realización de roza nas marxes, a limpeza de beiravías, apertura de cunetas e poda do arborado, así como a execución de varios de escollera en zonas con desprendementos de pendentes, entre os puntos 3+105 e 3+350. Así mesmo, o proxecto inclúe a reposición das marcas viarias no eixo, bordes e inscricións, así como as unidades de sinalización verticais, balizamento e defensa necesarias.

Esta actuación forma parte do Plan de Investimento en Vías Provinciais (VIP) deste ano 2025. A Deputación contemple este ano nos seus orzamentos iniciais 24,7 millóns de euros para a mellora dos 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas.