Estás en:Novas
#anoCastelao

75º aniversario do pasamento de Alfonso R. Castelao (Primeira entrega)

Ao longo do ano, a xeito de homenaxe, repasaremos vida e obra do "Guieiro", a través de diversos textos que custodiamos na Biblioteca Provincial.

75º aniversario do pasamento de Alfonso R. Castelao (Primeira entrega)

Tal día coma hoxe, hai 75 anos, falecía en Bos Aires Alfonso R. Castelao.
O rexime ditatorial franquista establece para a ocasión as directrices que os xornais do momento deben observar para o tratamento da nova nos seus medios:

"Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:

La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.

Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político.

Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.

Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.

De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro "Sempre en Galiza" ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.

Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente".

Nas imaxes podedes revisar as informacións que diferentes revistas e xornais fixeron para comunicar a nova do pasamento do rianxeiro. O tratamento que se fai da información diverxe totalmente se o xornal ou revista é do país ou se editou na emigración americana.

Os vindeiros meses seguiremos a contarvos da figura e legado desta figura imprescindíbel para a nosa cultura no senso máis amplo: lingua, arte, identidade... vémonos na seguinte entrega.