Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Las olvidadas, a nova lectura na sala Compartindo lecturas

Desde o 28 de febreiro e ata o 28 de marzo leremos unha nova obra, dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte:

  • Moderado por Patricia Cernadas
  • Do 28 de febreiro ao 28 de marzo
  • Título: "Las olvidadas" de Ángeles Caso
  • Accede aquí: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/clubs/5c3ddf78b5c073c400760a29/info
Las olvidadas, a nova lectura na sala Compartindo lecturas

Estamos a piques de iniciarmos unha nova obra na sala "Compartindo lecturas", dentro do Club de lectura virtual da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Do 28 de febreiro e ata o 28 de marzo lemos e analizamos "Las olvidadas" de Ángeles Caso.

Sobre a obra

"Asegúrovos que alguén se acordará de nós no futuro". Tiveron que pasar case tres mil anos para que esa frase de Safo ás súas compañeiras poetas se convertese en realidade. Namentres, xeracións e xeracións de mulleres viviron confinadas no silencio, a ignorancia e a submisión ao poder masculino.

Con todo, moitas escaparon ás normas e trataron de desenvolver a súa intelixencia e o seu talento, logrando comunicarse a través das súas propias obras. Mulleres creadoras e sabias, escritoras, artistas ou compositoras que se rebelaron contra a orde imperante e tiveron que vivir entre dúbidas, temores e persecucións.

Algunhas chegaron a obter o recoñecemento dos seus contemporáneos, como Hildegarda de Bingen, conselleira de papas e emperadores, Cristina de Pisan, cronista da historia de Francia, Beatriz Galindo, preceptora de latín de Isabel o Católica etc. Pero a historia borrounas dos seus índices, postergándoas de novo no silencio do que elas tentara fuxir.

Ángeles Caso rastrexa a vida de todas esas creadoras.

Sobre a autora

Ángeles Caso, nada en Xixón o 16 de xullo de 1959, é unha escritora, xornalista e tradutora española.

Traxectoria
É filla de José Miguel Caso González, que foi catedrático da Facultade de Filoloxía, especialista no século XVIII e chegou a ser reitor da Universidade de Oviedo.

Licenciouse en Xeografía e Historia, especialidade Historia da Arte, e traballou para a revista asturiana Panorama regional, a Fundación Príncipe de Asturias, o Instituto Feijoo de Estudios del siglo XVIII da Universidade de Oviedo, e medios como Televisión Española, Cadena SER ou Radio Nacional de España.

En 1994, foi finalista do Premio Planeta, que gañou en 2009 coa novela Contra el viento.[1]

En 2015 figurou na lista de Podemos-Equo nas eleccións ao Congreso dos Deputados por Asturias, pero sen opcións de saír elixida.

Premios

  • Finalista do Premio Planeta con El peso de las sombras (1994).
  • Premio Fernando Lara con Un largo silencio (2000).
  • Premio Planeta con Contra el viento (2009).

Filmografía

  • Telediario, TVE (1985-1986)
  • La Tarde, TVE (1985-1986)
  • Deseo (de Gerardo Vera, guión) (2002)

Obra

  • Asturias desde la noche. 1988. Guía.
  • Elisabeth, emperatriz de Austria-Hungría o el hada. 1993.
  • El peso de las sombras. 1994. Finalista XLIII Premio Planeta 1994.
  • El inmortal. 1996, recompilatorio: Érase una vez la paz.
  • El mundo visto desde el cielo. 1997.
  • El resto de la vida. 1998.
  • El verano de Lucky. 1999.
  • La trompa de los monos. 1999, recompilatorio: Mujeres al alba
  • La alegría de vivir. 1999, recompilatorio: Hijas y padres
  • Un largo silencio. 2000. V Premio Fernando Lara de novela.
  • Giuseppe Verdi, la intensa vida de un genio. 2001. Biografía do compositor italiano Giuseppe Verdi.
  • Las olvidadas, una historia de mujeres creadoras. 2005.
  • Contra el viento.2009. LVIII Premio Planeta 2009.
  • Donde se alzan los tronos. 2012
  • Rahima Begum. 2013

Dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte!

---

Máis información sobre o noso Club de lectura en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/