Obradoiro de modelaxe de personaxes da literatura infantil na Biblioteca Central Rialeda en Oleiros
Xa está aberta a inscrición da actividade que a Biblioteca Provincial impartirá no Concello de Oleiros
LUGAR E DATAS DA ACTIVIDADE
Concello de Oleiros
Data: sábado 1 de marzo de 2025
Hora: 11:00 h
Lugar: Biblioteca Central Rialeda, Perillo Oleiros
Duración: 90 minutos
Público: Nenos e nenas de 5 a 8 anos (acompañados dunha persoa adulta)
Prazas: 12 participantes
Imprescindible reservar praza na Biblioteca Rialeda, chamando por teléfono ao
981 639 511 ou por internet en: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización da actividade.
OBXECTIVOS XERAIS
Este obradoiro de plastilina ten como obxectivo principal e directo que as crianzas pasen un tempo divertido na biblioteca co seu adulto de referencia e vexan a biblioteca como un punto máis de entretemento, realizando un boneco de plastilina baseado en contos, películas, festividades especiais,...
Pero máis alá deste obxectivo, este obradoiro ten outros non menos importantes:
• Desenvolver a motricidade fina: axuda a mobilidade das mans e os dedos para mellorar a grafomotricidade.
• Aprender a diferenciar formas e tamaños: partindo de formas básicas, como bolas e churros, engadindo outros elementos.
• Aprender as cores e as súas mesturas: grazas á grande cantidade de cores existentes de plastilina e a sinxela mestura entre eles.
• Fomentar a socialización: relacionarse fóra do seu grupo habitual (cole, familia, amigos...), xa que cada semana coinciden diferentes crianzas.
• Finalización das tarefas e consecución de obxectivos: despois de todos os pasos anteriores e traballando a paciencia, chegarán ao seu obxectivo final, xa que levarán ao seu boneco para casa.