Entroido na Biblioteca provincial
É tempo de entroido, antroido, entrudo, entroiro... e na Biblioteca provincial facémosvos algunhas propostas para disfrazarvos con personaxes de libros.

A compañeira mergullouse no mundo da icónica boneca Barbie para facernos unha suxestión menos agardada, e tamén algúns materiais da personaxe orixinal:
- O Clan das Barbies, de Antía Yañez
- Barbie icono de moda: celebrando 50 años con Barbie [39 BAR]
- Barbie en el mundo de la moda [39 BAR]
- Barbie [JA 79 BAR]
- Canta con Barbie [JA 79 CAN]
No ano 1959 aparece no mercado a boneca Barbie. A día de hoxe, tanto Barbie como a versión masculina Ken foron e seguen a estar entre os bonecos máis populares do mundo.