Entroido na Biblioteca provincial
É tempo de entroido, antroido, entrudo, entroiro... e na Biblioteca provincial facémosvos algunhas propostas para disfrazarvos con personaxes de libros.
Hoxe...

Hoxe, polo luns de entroido, novo disfraz de libro: Tintín
- Tintín e os "pícaros", na Sala Xuvenil da Biblioteca, coa sinatura: C HER tin / a
As aventuras de Tintín é unha das series europeas de banda deseñada máis coñecidas e traducidas do século pasado. Creada polo autor belga Georges Remi,
máis coñecido como Hergé, está conformada por 24 álbums (publicados entre 1929-1975).
As aventuras do personaxe de Hergé son obxecto de culto e de coleccionismo en todo o mundo.
Pero a fama de Tintín non estivo, con todo, libre de polémicas, xa que algúns dos primeiros álbums da serie recibiron críticas por mostrar unha ideoloxía anticomunista, colonialista, racista e sexista.