Entroido na Biblioteca provincial
É tempo de entroido, antroido, entrudo, entroiro... e na Biblioteca provincial facémosvos algunhas propostas para disfrazarvos con personaxes de libros.
Para rematar...

Para o día grande do entroido traémosvos: Pocahontas.
Mataoka, coñecida como Pocahontas ou Amonute (1595-1617), era filla do Xefe Powhatan. A súa historia foi idealizada ao longo dos anos e trasladada á arte, a
literatura e o cine.
- Pocahontas (libro infantil) [N ING poc / v]
- Pocahontas (filme) [JA 79 POC]
Se queres coñecer a verdadeira historia de Pocahontas, na Biblioteca podes atopar a biografía de Grace Steele Woodward:
- Pocahontas [3Z/491]