Estás en:Novas

Formoso reuniuse co xeneral González Prada, novo xefe do Mando de Apoio á Maniobra do Exército de Terra

O xeneral de brigada Marcial González Prada vén de tomar posesión do cargo o pasado mes de xaneiro e ten ao seu cargo máis de 12.000 militares despregados en todo o territorio nacional

Formoso reuniuse co xeneral González Prada, novo xefe do Mando de Apoio á Maniobra do Exército de Terra

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao novo xefe do Mando de Apoio á Maniobra (MAM) do Exército de Terra, o xeneral de brigada Marcial González Prada.

A reunión enmárcase na rolda de contactos institucionais que o xeneral está a realizar con motivo da súa toma de posesión o pasado mes de xaneiro.

Formoso e o xeneral González Prada departiron durante media hora das súas respectivas competencias. Ao remate da reunión, o presidente desexou os maiores éxitos profesionais ao novo xefe do MAM e ambos destacaron a importancia da coordinación entre institucións.

Marcial González Prada, natural de Logroño, ten máis de 30 anos de carreira militar, destacando o seu traballo como xeneral de Brigada á fronte da División de Loxística do Estado Maior do Exército de Terra. Foi ademais xefe da Sección de Formulación de Materiais da División de Loxística deste mesmo organismo.

Desde a sede coruñesa da MAM ten ao seu cargo máis de 12.000 militares despregados por todo o territorio nacional.