Formoso comprométese coas asociacións veciñais de Monte Martelo e Mesoiro Vello a visitar as zonas onde demandan melloras de estradas provinciais
O presidente recibiu na Deputación as representantes veciñais para escoitar as súas reivindicacións sobre as vías DP 0512 e DP 3044

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada Yoya Neira recibiron o pasado venres na sede da institución provincial a representantes das asociacións veciñais coruñeses de Monte Martelo e Mesoiro Vello, que demandan distintas actuacións de mellora da seguridade viaria nas estradas provinciais DP 0512 e DP 3004.
Formoso escoitou as reivindicacións das representantes destas entidades e comprometeuse a visitar persoalmente con elas e os técnicos do servizo provincial de Vías e Obras as zonas onde solicitan obras de mellora para coñecer in situ o estado actual destas estradas e estudar as súas demandas.