Estás en:Novas

Formoso destaca “o papel fundamental das persoas maiores para facer de Boiro un dos municipios máis puxantes e dinámicos da provincia”

Destacou o labor do goberno municipal de José Ramón Romero na atención ás persoas maiores, con apoio da Deputación

Formoso destaca “o papel fundamental das persoas maiores para facer de Boiro un dos municipios máis puxantes e dinámicos da provincia”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou este venres no tradicional xantar de confraternidade da terceira idade de Boiro, onde quixo recoñecer "o papel fundamental das persoas maiores na sociedade" e lembrou as dificultades que atravesaron nos tempos máis difíciles

Formoso destacou "o esforzo das xeracións que nos precederon, que fixeron posible o Boiro de hoxe, un dos municipios máis puxantes e dinámicos da provincia".

Acompañado polo alcalde, José Ramón Romero, e poca deputada responsable de Política Social, Mar García Vidal, Formoso compartiu a xornada con máis de 500 persoas no pavillón de Barraña, nun evento organizado polo Concello de Boiro. Durante a súa intervención, puxo en valor o compromiso do goberno local coa atención ás persoas maiores e o apoio que reciben da Deputación para mellorar os servizos sociais.

Na comarca do Barbanza, 572 persoas contan co servizo de Teleasistencia da Deputación, das cales 94 residen en Boiro. Ademais, a institución provincial financia máis de 42.000 horas anuais de servizo de axuda no fogar na zona.

Pola súa banda, o alcalde José Ramón Romero. "Este día é para vós porque todo o que somos como pobo debémosllo ao voso traballo e esforzo durante décadas e desde o Concello de Boiro imos seguir traballando para que Boiro sexa un lugar cómodo tamén para as persoas maiores e dotado con todos os servizos necesarios", afirmou o alcalde.