Estás en:Novas

Formoso destaca a aposta do Grupo Amper por Galicia, con investimentos estratéxicos en Arteixo e Ferrol por importe de 80 millóns que crearán máis de 1.000 empregos directos

O presidente da Deputación reuniuse co CEO do Grupo, Enrique López, para analizar o avance dos investimentos que a compañía está realizando no entorno dos portos exteriores da Coruña e Ferrol

López afirma que "la provincia en la que más dinero invierte y en la que más empleo genera Amper sin duda es A Coruña"

Formoso destaca a aposta do Grupo Amper por Galicia, con investimentos estratéxicos en Arteixo e Ferrol por importe de 80 millóns que crearán máis de 1.000 empregos directos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho ao conselleiro delegado do Grupo Amper, Enrique López, para analizar o avance dos investimentos que a compañía está realizando no entorno dos portos exteriores da Coruña e Ferrol para proxectos de eólica mariña offshore e sistemas de almacenamento de enerxía en baterías.

Formoso destacou "a importante aposta de Amper por Galicia e, concretamente pola provincia da Coruña", con investimentos estratéxicos en Arteixo e Ferrol por importe de 80 millóns de euros, que crearán máis de 1.000 empregos directos.

"Falamos de investimentos millonarios dunha empresa líder e cunha forte presenza internacional que axudarán a reforzar a nosa industria, a consolidar o importante papel que Galicia ten no ámbito das enerxías renovables e a pór en valor non só os portos exteriores da Coruña e Ferrol, senón todo o hinterland dos mesmos, cos servizos que van vinculados aos proxectos", afirmou Valentín González Formoso, que incidiu na relevancia que estas inversións terán sobre a creación de emprego: "supón unha oportunidade para todo o talento e coñecemento de Galicia, para a mocidade que se forma nos nosos centros de formación universitarios e de formación profesional, que van ter en Amper a un aliado onde poder desenvolver a súa vida profesional", subliñou o presidente da Deputación da Coruña.

Pola súa banda, o CEO do Grupo Amper, Enrique López, destacou que "ahora mismo, la provincia en la que más dinero invierte y en la que más empleo genera Amper sin duda es A Coruña" e explicou polo miúdo os proxectos que está a desenvolver no territorio.

"Tenemos dos proyectos relacionados con la eólica marina, con el offshore. Uno que ya está arrancado en el puerto exterior de Ferrol, donde tenemos 70.000 metros cuadrados de concesión y va a haber una inversión cercana a los 40 millones de euros para construir las instalaciones, que estarán disponibles a mediados de 2026. Calculamos que generará unos 800 puestos de trabajo directos y pueden llegar a ser casi 1.000 indirectos, con más de 30 proveedores gallegos de la cadena de suministro", explicou o conselleiro delegado de Amper sobre os investimentos que impulsa a compañía en Ferrolterra.

"Luego tenemos un proyecto que está relacionado con sistemas de almacenamiento de energía, que estamos llevando a cabo en el polígono de Morás en Arteixo, con una inversión de unos 20 millones, que ya está en marcha, y que generará unos 300 puestos de trabajo directos y casi 600 indirectos, ya que en este caso tenemos más de 120 proveedores gallegos en la cadena de suministro", subliñou o CEO de Amper, que remarcou que se trata "de una apuesta muy relevante, que complementa a otras que ya hemos hecho como la compra de las instalaciones de la antigua Siemens-Gamesa en As Somozas, que las hemos adecuado para producir eólica marina y para velas rígidas, una tecnología nueva que estamos trayendo a Galicia para optimizar las emisiones de los buques marítimos, sobre todo los transoceánicos", explicou.

Enrique López coincidiu con Formoso na importancia que estes proxectos teñen para a creación de emprego. "En As Somozas tenemos ya a unos 60 chavales de Formación Profesional Dual que terminan de completar su formación en nuestras instalaciones y a partir de ahí ya se pueden incorporar. Una de las cosas que hay que hacer ahora es fomentar que existan los perfiles profesionales que son requeridos por estos proyectos", afirmou co CEO de Amper.

Amper é un grupo empresarial español con máis de 65 anos de historia e máis de 35 cotizando no mercado continuo español. A empresa conta cunha importante presenza internacional e é líder en capacidades tecnolóxicas, industriais estratéxicas, e de enxeñaría, para os mercados de Defensa, Seguridade e Comunicacións, e Enerxía e Sustentabilidade.