Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

As alumnas, a nova lectura na sala Arredor dos libros

Desde o 27 de marzo e ata o 18 de abril leremos unha nova obra, dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte:

  • Moderado por Patricia Cernadas
  • Do 27 de marzo ao 18 de abril
  • Título: "As alumnas" de Paula Carballeira
  • Accede aquí: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/clubs/5c3ddf78b5c073c400760a29/info
As alumnas, a nova lectura na sala Arredor dos libros

Estamos a piques de iniciarmos unha nova obra na sala "Arredor dos libros", dentro do Club de lectura virtual da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Do 27 de marzo e ata o 18 de abril lemos e analizamos "As alumnas" de Paula Carballeira.

Sobre a obra

Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

Premio Follas Novas 2023 á mellor Obra de teatro

Esta peza teatral foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva.

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola.

Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.

Sobre a autora

Paula Carballeira (Maniños, Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía e cun curso de Especialización en Arte Dramática, narradora oral profesional desde 1994, actriz, directora e escritora. Candidata dous anos consecutivos ao Astrid Lindgren Memorial Award, ten unha ampla produción literaria en narrativa e teatro, aínda que tamén escribe poesía e ensaio. Moitos dos seus libros foron premiados e traducidos a diferentes idiomas.

Como actriz, é membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996 e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como dramaturga recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023 por As alumnas, publicado en Editorial Galaxia, onde tamén publicou Daniel no peirao (2023), un texto de teatro infantil arredor dun episodio da infancia de Castelao, ademais de Nunca mascotas (2016), O lobishome de Candeán (2012) e As outras historias (2011), entre outros.

Dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte!

---

Máis información sobre o noso Club de lectura en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/