Consello de Contas: Congreso 1985-2025 «40 anos de Bases de réxime local e do control externo local en Galicia»
CONSELLO DE CONTAS
Congreso 1985-2025
«40 anos de Bases de réxime local e do control externo local en Galicia»
Data: 15 e 16 de setembro 2025, A Coruña
O Consello de Contas neste ano 2025, corenta anos despois da aprobación da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e da Lei de creación do control externo independente de Galicia —Lei 6/1985, do 23 de xuño, do Consello de Contas— decidiu impulsar un foro de diálogo e debate que reúna á representación da administración local, nas súas múltiples vertentes e protagonistas, para facer balance e marcar as liñas dos retos pendentes para as próximas xeracións da xestión pública local.
Queres colaborar coa proposta de contidos para as Mesas de debate?
Co obxectivo de impulsar un debate aberto, ábrese un prazo ata o día 28 de marzo de 2025 para efectuar propostas de mesas de debate para o Congreso para todas aquelas entidades e persoas interesadas na xestión pública local. A proposta inicial do Congreso é a seguinte:
O debate sobre a distribución competencial en 2025.
O financiamento dunha nova administración local.
Xestión colaborativa de servizos e o papel dos gobernos intermedios.
Os retos do control interno local: a auditoría pública no horizonte.
O control externo local e o papel de colaboración.
Transformación da xestión pública local: integridade, novas ferramentas e capital humano.
As propostas remitiranse ao correo electrónico: arealocal@ccontasgalicia.es
981 542 215