Estás en:Novas
BIBLIOCLIP, música dende a BPDC

“Sabes que ti nunca estarás soa”

Tema: María Moliner
Canción: "Soledad", Amaral
...Sabes que tú nunca estarás sola...

“Sabes que ti nunca estarás soa”

125º aniversario do nacemento de María Moliner.

María Moliner foi bibliotecaria, arquiveira, filóloga e lexicógrafa, aínda que adoita ser coñecida como a autora do "Dicionario de uso do español".

Naceu o 30 de marzo de 1900 en Paniza, Zaragoza, nunha familia acomodada. En Zaragoza, entre 1917-1921, formouse, licenciándose en Filosofía e Letras, e traballou como filóloga e lexicógrafa no Estudo de Filoloxía de Aragón.

En 1922 ingresou por oposición no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, converténdose na sexta muller e a máis nova en logralo. Foi destinada ao Arquivo Xeral de Simancas, incorporándose despois aos Arquivos da Delegación de Facenda en Murcia e Valencia.

Entre 1929-1939, participou na política bibliotecaria nacional, colaborando coas Misións Pedagóxicas, onde se ocupou da organización das bibliotecas rurais. Tamén, dirixiu a Biblioteca da Universidade de Valencia e a Oficina de Adquisición de Libros e Cambio Internacional; e foi vogal da Sección de Bibliotecas do Consello Central de Arquivos, Bibliotecas e Tesouro Artístico.

Co fin da Guerra Civil, María sofreu represalias políticas e perdeu o seu posto no Corpo Facultativo. En 1946, ocupou a dirección da Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid, ata a súa xubilación, en 1970.

Faleceu en Madrid, en 1981. Diversos centros de ensino, bibliotecas, salas de lectura, rúas... levan o seu nome en recoñecemento ao seu labor.

Cara a 1950, comezou a redactar o seu "Dicionario de uso do español". Traballaba sempre na súa casa, fóra do seu horario laboral como bibliotecaria, na mesa do salón, usando fichas de papel, pluma e máquina de escribir. Esta obra, que realizou soa, levoulle máis de quince anos, sendo publicada entre 1966-1967.

María, unha profesional cunha gran determinación.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=--Ycc5GvWuw

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/4uC5Ya3XwgtYvTxiWMP9oP

Recomendacións lectoras
Papel:
• "Mujeres y libros: una pasión con consecuencias", Stefan Bollmann [3M/32774]
• "El exilio interior: la vida de María Moliner", Inmaculada de la Fuente [sinatura: 3Z/1371]
• "Signatura 400", Sophie Divry [3S/6707]
• "Vida y obra de María Moliner", A. Pilar Rubio López [sinatura: 3Z/2227]
• "El Club de la Memoria", Eva Díaz Pérez [3S/3769]
• "Las misiones pedagógicas: 1931-1936" [3M/24366]
• "La bibliotecaria de Auschwitz: basado en la novela de Antonio Iturbe", Salva Rubio [C RUB bib / m]
• "La caperucita lectora", Lucy Rowland [P ROW cap / z]
• "Juego de letras", Antonio Rubio [81'35 RUB jue / z]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-tierra-bajo-tus-pies-premio-azorin-de-novela-2024-00425339
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-coleccionista-00344289
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-diccionario-de-las-palabras-olvidadas-00286383
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/las-bibliotecas-en-la-formacion-del-habito-lector-00048475
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/a-ladroa-da-biblioteca-de-meiras-00253750
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/mujeres-de-la-cultura-00396968
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/100-mujeres-que-cambiaron-el-mundo-00049196
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cando-leo-00184814

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/los-aerostatos-00451424