Estás en:Novas

O proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña impulsa procesos de transformación dixital nos concellos de Laxe, Miño, Ponteceso e Vimianzo

O proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña impulsa  procesos de transformación dixital nos concellos de Laxe, Miño, Ponteceso e Vimianzo

Catro concellos coruñeses arrancan este mes de marzo os seus procesos de transformación dixital ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña. Corresponde desta vez aos concellos de Laxe, Miño, Ponteceso e Vimianzo abordar a súa dixitalización administrativa, na procura dunha resposta máis áxil á cidadanía, e acorde co escenario actual da administración electrónica.

A axenda arrancou o día 13 de marzo en Laxe, onde os responsables do proxecto presentaron en sede municipal as liñas mestras para a entidade. Seguiron os concellos de Miño e Ponteceso, os pasados días 18 e 19. As presentación formais rematan hoxe martes 25, co desprazamento dos técnicos da Deputación coruñesa á Terra de Soneira, para arrancar o proceso no concello de Vimianzo.

Serán dous meses de traballos conxuntos cas traballadores e traballadores municipais, entre accións de formación, e implantación e axilización de novos procedementos administrativos.

Todas estas actuacións están encamiñadas a impulsar as capacidades das entidades locais para atender e dar resposta, do xeito máis áxil e eficiente, as necesidades da cidadanía na relación administrativa co seu concello.