FHN: emprazamento persoas interesadas recurso contencioso-administrativo ante Audiencia nacional
MINISTERIO PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL
E DA FUNCIÓN PÚBLICA
Ante a Audiencia Nacional, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Sétima, interpúxose recurso Contencioso-Administrativo, Procedemento Ordinario 1259/2024, contra as tres Resolucións, con data do 17 de outubro de 2024, da Secretaría de Estado de Función Pública, polas que se ofertan vacantes aos/as aspirantes que superaron, respectivamente, os procesos selectivos para o ingreso na Subescala de Secretaría, categoría de entrada (corrección de erros do 22 de outubro de 2024), de Intervención-tesourería, categoría de entrada (corrección de erros mediante resolución do 22 de outubro de 2024), e de Secretaría-Intervención da escala de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional polo sistema xeral de acceso libre.
Mediante a presente resolución, esta Secretaría Xeral Técnica procede a dar cumprimento ao trámite de emprazamento a todos aqueles que se atopen interesados naquel procedemento, dispoñendo dun prazo de nove días, se ao seu dereito convén, para comparecer nos autos, a contFHNar desde o día seguinte á publicación desta resolución, ante o órgano xurisdicional que o ordenou, de acordo co establecido no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa