Estás en:Novas

O ‘Mar de Piques’ da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña arrastra a 23.390 persoas e pulveriza todos os rexistros

Este dato de asistencia é o máis alto desde o ano 2011

O ‘Mar de Piques’ da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña arrastra a 23.390 persoas e pulveriza todos os rexistros

Un total de 23.390 persoas foron arrastradas polo 'Mar de Piques' da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, sendo este o dato de asistencia máis alto acadado desde o ano 2011 e demostrando que nin o mal tempo é capaz de rebaixar o poder de atracción que ten o principal evento de moda en España en Semana Santa.

Outro ano máis, destaca sobre todos os días a xornada do venres onde 6.876 entraron ao recinto, só superado pola cifra rexistrada o mesmo día do ano 2015. O segundo mellor día foi o xoves, con 6.311 asistentes.

Ademais, o mércores, o xoves e o domingo rexistráronse os números máis altos desde hai 14 anos. O mércores visitaron a Mostra 1.459 persoas e o xoves fixeron o propio 6.311 persoas.

A Mostra segue a afianzarse como un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento.