Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

"En vías de extinción", a nova lectura na sala Páxinas de orgullo

A obra En vías de extinción, de María Reimóndez, do 9 ao 29 de xuño, é a nova lectura na sala virtual Páxinas de orgullo.

Comezamos a nova lectura na sala "Páxinas de orgullo" do club dixital de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Lembrámosche os datos desta actividade:

  • "En vías de extinción", de María Reimóndez
  • Moderado por Nuria Vilán
  • Do 9 ao 29 de xuño 
  • Accede premendo aquí

Sobre a obra

Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante.

Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.

En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de exntición é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.

---

Preme para máis información sobre a sala Páxinas de orgullo