A Deputación da Coruña e AJE desvelarán os segredos das axudas para emprendedores este mércores
Este mércores 23 de abril, Rosa Ana García (Deputación da Coruña) e Aída Cordeiro (AJE Coruña) desvelarán todos os segredos das iniciativas de apoio a emprendedores por parte das institucións na gravación do podcast En Beta Permanente, realizada no Pazo de Arenaza
O podcast En Beta Permanente gravará este 23 de abril ás 10:30 no Pazo de Arenaza un capítulo especial do seu podcast. Nel contarán coas convidadas Aída Cordeiro, secretaria xeral de AJE Coruña, e Rosa Ana García, deputada responsable de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente na Deputación da Coruña.
Neste capítulo o obxectivo é acercar á audiencia ás iniciativas que se están levando a cabo dende as institucións públicas e asociacións empresariais para apoiar a persoas emprendedoras. Así, as persoas que escoiten o episodio poderán descubrir recursos e ver como funcionan dende dentro todos estes programas e axudas.
Dende En Beta Permanente, se busca contar historias reais, compartir aprendizaxes e dar visibilidade a persoas, proxectos e iniciativas que impulsan o tecido empresarial e emprendedor da provincia de A Coruña, por iso, non poden contar cunhas mellores convidadas para este novo episodio especial.
A gravación será realizada no Pazo de Arenaza o 23 de abril de 10:30 a 12:30 e hai 5 prazas dispoñibles para ver a gravación en directo (inscrición previa nesta ligazón). O podcast será publicado o luns 28 de abril a primeira hora da mañá en Spotify e Youtube.
Sobre En Beta Permanente
En Beta Permanente é o podcast onde se da voz a emprendedores e proxectos empresariais de A Coruña.
Para facelo, Juan Diego e Paula entrevistan a emprendedores locais para descubrir como nacen, crecen e evolucionan os seus proxectos.
En cada episodio impar, exploran historias, aprendizaxes e desafíos. Nos capítulos pares, debaten sobre as 12 fases do método Lean StartUp, analizando a súa aplicación real xunto aos seus convidados e convidadas.
Podes ver e escoitar o podcast en Spotify e Youtube. Web do podcast.