Estás en:Novas
Concurso Microrrelaos #HoxeEscriboEn_Mocidade -Deputación da Coruña

AMPLIADO PRAZO por mor do apagón eléctrico

Toda a información do concurso HoxeEscriboEn_Mocidade

AMPLIADO PRAZO por mor do apagón eléctrico

Desde a Biblioteca Provincial xunto coa Sección de Turismo da Deputación da Coruña
informamos que por motivo do corte de electricidade sufrido onte, 28 de abril,
amplíase de xeito excepcional o prazo para participar no Concurso de Microrrelatos
#HoxeEscriboEn_Mocidade: Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña
dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao
Superior de todos os centros da provincia da Coruña.
O prazo para presentar os relatos remata o próximo venres, 2 de maio 2025.

Agradeceríamos que trasladedes esta información ao alumnado e motivedes a súa
participación.
No caso de precisardes maior información non dubidedes en poñervos en contacto
con nós a través do correo electrónico hoxeescriboen@dacoruna.gal ou no teléfono
608 201 251
Aproveitamos a ocasión para trasladarvos un cordial saúdo.


Biblioteca Provincial | Sección de Turismo | Deputación da Coruña