Estás en:Novas

Día das Letras Galegas 2025

Celebramos o día máis importante das nosas letras, este ano adicado ás Pandeireteiras de Mens e a poesía popular oral.

Día das Letras Galegas 2025

Desde a Biblioteca preparamos a seguinte programación para celebrar as nosas letras:

eBiblioDaCoruna Club Lector

12 de maio
Comeza a lectura de "Somos pandereiteiras", de Mercedes Peón e outras, no club virtual "Arredor dos libros" de eBiblioDaCoruna. É accesible 24 horas e de balde, para calquera persoa de calquera biblioteca da provincia da Coruña

Visita guiada

16 de maio - 12:00 h.
Esperámoste na nosa xa tradicional visita guiada matutina. Faremos un percorrido pola tradición oral galega desde a Idade Media ata hoxe. Queres adentrarte nalgunhas das obras que a recolleron ao longo do tempo?
Data e hora: día 16 ás 12:00h.
Duración: entre 60 e 75 min.
Lugar: vestíbulo da biblioteca
Prazas: 15
Inscrición: chama ao 981 080 176 de 8.30h. a 20.30h.

O EnCanto da Lingua Galega

Unha selección que trata  de achegar ás persoas usuarias o papel das mulleres na transmisión da poesia popular galega, por medio da oralidade. Obras sobre poesía, música e baile, pero tamén, sobre contos, lendas ou mitos, como outras formas de manifestación da tradición oral galega.

Ler en galego ten premio

Na sala de xuvenil presentamos unha selección de obras en galego premiadas nos últimos anos. Vén levar a mellor selección da literatura máis actual, terás un premio agardándote!

Ao rescate das Letras Galegas!

30 de maio - 18:00 h.
Escape room na que a rapazada ten unha hora para impedir a desaparición de todos os libros en galego da nosa Biblioteca. Só Ánxel Casal pode axudalos nesta aventura.
Prazas: 8
Idade: de 9 a 12 anos
Hora: de 18:00-19:00h.
Inscrición: a partir do 23 de maio chamando ao teléfono 981080176 en horario de 16:00 a 20:00 h.