Estás en:Novas

A Deputación adxudica por 388.114 euros as obras de mellora da estrada DP 7603, no Concello de San Sadurniño

A actuación realizarase desde a Feira de San Sadurniño ata o Coval, entre os PQ 0+300 e o PQ 4+200

Proxéctase unha capa de rodaxe mediante a colocación de mestura bituminosa en quente en todo o ancho da calzada e das súas beiravías

A Deputación adxudica por 388.114 euros as obras de mellora da estrada DP 7603, no Concello de San Sadurniño

A Deputación da Coruña adxudicou por 388.114,99 euros as obras de mellora da capa de rodaxe da estrada provincial DP 7603 en San Sadurniño, dentro do Plan de conservación de estradas provinciais.

Segundo explicou a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, a actuación realizarase desde a Feira de San Sadurniño ata o Coval, nun tramo de catro quilómetros que vai desde o PQ 0+300 ao 4+200 e suporá a dotación dunha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente a todo o ancho da calzada e das súas beiravías.

Previamente ás obras realizarase unha limpeza das beiravías e, ao remate, contémplase a reposición das marcas viarias, así como o repintado de símbolos e dos pasos de peóns.

Con esta obra mellóranse as infraestruturas básicas do Concello de San Sadurniño, facilitando os desprazamentos da veciñanza polo municipio. O prazo para a execución da obra será de tres meses a partir do seu inicio.