Estás en:Novas
#HoxeExcriboEn_Mocidade2025

Gañadorxs e relatos premiados no Concurso #HoxeExcriboEn_Mocidade2025

O concurso de microrrelatos inspirados na provincia da Coruña e orientados á mocidade, xa ten gañadorxs!

Gañadorxs e relatos premiados no Concurso #HoxeExcriboEn_Mocidade2025

Co obxecto de fomentar o talento creativo, a animación á escritura e á lectura, o impulso do uso do idioma propio entre a mocidade, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña (axudando a sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo), a Sección de Turismo e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convocaron este concurso literario.

Pasada a fase de recepción de traballos e tras as reunións e deliberacións do xurado, xa se resolveu o concurso e a seguir achegamos os relatos premiados. Parabéns ás persoas premiadas!

RELATOS PREMIADOS POR CATEGORÍA

ENTREGA DE PREMIOS

Agora está a rodarse a curtametraxe que adapta o relato gañador. En canto remate compartirémolo con vós tamén!

Os premios individuais e para as aulas dos gañadores xa están a xestionarse tamén e cando contemos con máis información sobre a entrega de premios deixarémolo por aquí.