Ao rescate das Letras Galegas!
O venres 30 de maio ás 18:00 h. temos unha escape room na biblioteca, unha actividade dirixida á rapazada de 9-12 anos.

O próximo venres 30 de maio temos na biblioteca a actividade Ao rescate das Letras galegas!, unha escape room na que os participantes terán como obxectivo impedir a desaparición dos libros en galego da nosa biblioteca, unha misión na que teremos a axuda de Ánxel Casal, o gran editor do libro galego.
Unha divertida actividade na que as persoas participantes teñen que conseguir, a través da resolución de diferentes probas e enigmas, parar esta ameaza e descubrir a persoa culpable.
Unha actividade que require inscrición previa.
Data: 30 de maio
Hora: 18:00-19:00 h.
Idade: 9-12 anos
Nº de prazas: 8
Lugar: entrada da biblioteca
Inscrición: a partir do 23 de maio chamando ao teléfono 981 080 176 en horario de 16:00 a 20:00 h.