Estás en:Novas
FOMENTO DA LECTURA

Lecturas e actividades dos Clubs virtuais da eBiblioDaCoruna

A piques de empezar o verán, recordamos as lecturas de xuño dos Clubs virtuais antes do descanso estival.

Lecturas e actividades dos Clubs virtuais da eBiblioDaCoruna

Achegamos a programación e actividades que terán lugar en xuño. Os meses de xullo e agosto os clubs toman un pequeno descanso ata setembro.

Sala Tinta e equidade

  • Lunática / Andrea Momoitio. Do 9 de xuño ao 27 de xuño
  • Encontro virtual coa autora María Solar, para comentar A Culpa: 30/06 ás 20 horas.

Pode participar calquera persoa, a través do enlace: meet.google.com/thp-usyx-ouj

Sala Páxinas de orgullo

  • En vías de extinción / María Reimóndez. Do 9 de xuño ao 29 de xuño

Achegamos a programación e actividades que terán lugar en xuño.
Os meses de xullo e agosto os clubs toman un pequeno descanso ata setembro.

Darse de alta na eBiblio

No seguinte enlace poderás darte de alta na nosa biblioteca dixital: https://forms.gle/uyXWBZcUDi2TjhxA8

Se xa formas parte da biblioteca dixital, só tes que seguir aquela/s sala/s que máis che interesen.

Que é eBiblioDaCoruna Club Lector

eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas de xeito virtual.

Está aberto a totas as persoas usuarias das Bibliotecas Municipais da provincia e da Biblioteca Provincial.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano. O club conta, a día de hoxe, con catro salas:

  • "Tinta e equidade": é un club dixital de lecturas en igualdade de xénero en colaboración entre a área de políticas de igualdade de xénero e a Biblioteca da Deputación. Este club completa o catálogo de actividades en igualdade que teñen como obxectivo achegarse ao conxunto da poboación da provincia, viva onde viva e teña a idade que teña.
  • "Páxinas de orgullo": é un club especializado en lecturas LGTBiQ+ en colaboración entre a área de políticas de igualdade de xénero e a Biblioteca da Deputación. A Deputación da Coruña leva anos facendo un importante traballo para visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.
  • "Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos
  • "Compartindo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Máis información en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/