Estás en:Novas
Notas para unha edición coruñesa

Alvarellos (1977- actualidade)

Cada semana destacamos unha das obras da mostra bibliográfica "Notas para unha edición coruñesa: arredor de 180 anos de edición na provincia". Unha selección de obras de editoras da provincia publicadas dende o ano da fundación da biblioteca ata a actualidade.

Alvarellos (1977- actualidade)

Alvarellos foi unha das editoras que comezou a súa andadura no período democrático, un momento no que a industria editorial comeza unha gran actividade en Galicia e no resto do país: o aumento de proxectos editoriais, títulos, tiraxes e a presencia do libro en galego é importante neste momento.

Esta editora, fundada por Enrique Alvarellos Iglesia, ten a súa orixe na cidade de Lugo en 1977 para mudarse (décadas despois) a Santiago de Compostela. Unha empresa que nace con dous obxectivos claros: primeiro, publicar a escritores novos da narrativa galega e, segundo, recuperar obras esquecidas para a nosa historia, motivo que a leva a iniciar a aventura de editar obras facsimilares dos séculos XVIII e XIX.

Unha obra da súa colección facsimilar é Arte de destilar aguardientes y licores, unha edición deste práctico manual publicado orixinalmente polo impresor Miguel de Burgos en 1824. Unha publicación que recopila textos de diferentes autores sobre procesos artesanais de elaboración, curiosidades, consellos prácticos e todo tipo de receitas: cremas, licores, conservas e outras gustosas elaboracións.

Dende os seus comezos Alvarellos foi unha empresa familiar, onde todos os procesos polos que pasaba o libro eran feitos polo editor. Algo que, dende o seu comezo, demostrou a ilusión e o empeño e levar este proxecto a cabo.

Imaxe páxina web liña do tempo destacado 12.png