28X, Día da diversidade sexual
A Biblioteca Provincial súmase á campaña da Deputación da Coruña 'Liberdade de ser e de sentir', e celebramos, con moito orgullo, a diversidade e a liberdade.
Día da Diversidade Sexual
A Biblioteca Provincial preparou, con moito agarimo, algúns recursos de interese para celebrar a diversidade e a liberdade:
- Recuncho temático na eBiblioDaCoruna: Accede aquí
- Recuncho temático na sección de préstamo
- ....
- ...
- ...
Campaña 'Liberdade para ser e sentir' da Deputación da Coruña
Na nosa terra, os principios de liberdade e igualdade aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía galega na vida política, económica, cultural e social».
A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados consideran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal.
Podedes atopar toda a programación e recursos que a Deputación Provincial, a través de Igualdade de Xénero, aquí:
Deixámosvos unha mostra musical dos recursos dispoñibles: