A Biblioteca Provincial estará nas Feiras do Libro de Rianxo e A Coruña
A Biblioteca Provincial estará nas Feiras do Libro de Rianxo e A Coruña con varios obradoiros creativos de animación á lectura.
Cada obradoiro desenvolverase en sesións de 90 minutos, orientado á rapazada de 6 a 11 anos.

Obradoiros creativos para o fomento da lectura
As feiras do libro adoitan incluír unha variedade de actividades para diferentes públicos entre os que destacan, talleres e actividades para nenos/as, achegando a lectura aos máis novos a través de xogos, contacontos, creación de libros e outras actividades lúdicas. Por isto, a Biblioteca Provincial quere acudir a estes eventos cunha serie de actividades, co obxecto de inspirar novos lectores e fomentar o hábito da lectura, especialmente entre as persoas máis novas.
Levaranse a cabo 3 sesións do obradoiro, nas Feiras do Libro dos concellos de Rianxo e A Coruña. Cada sesión terá unha duración de 90 minutos, estarán dirixidas por 2 monitores/as e destinado á rapazada de 6 a 11 anos (cun máximo de 15 participantes por sesión).
Datas e horarios
• Feira do Libro de Rianxo
Día: 27 de xullo de 2025
Horario: 19:00 a 20:30 h.
A Feira do Libro de Rianxo celébrase entre o 24 e o 27 de xullo, na praza de Castelao, da mesma vila. Haberá, como de cotío, postos de venda de libros e, ao tempo, unha axenda de actividades como faladoiros, encontros con autores, presentacións de libros, sesións de narración oral, concertos e, tamén, actividades para a rapazada.
A feira estará aberta en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 22.30 horas (fins de semana e festivos a feira pechará pola mañá ás 14.30 horas).
Participarán as seguintes librarías: ULA Libraría Social (Outes), Libraría Cartabón, Libraría Pedreira, Libraría Agrasar – Monforte, A Gata Tola, A Libraría De Rosa-Nobel Boiro e Librería Cándido.
Haberá descontos do 10% no prezo dos libros.
Programa ao completo aquí: Feira do Libro de Rianxo
•Feira do Libro da Coruña
Día 5 e 7 de agosto de 2025
Horario: 17:30 a 19:00 h.