Estás en:Novas

Acordo de derrogación do RDL 7/2025 que modificaba as bonificacións do IBI e o ICIO

CORTES XERAIS

Resolución de 22 de julio de 2025, del Congreso de los Diputados, por la que se ordena la publicación del Acuerdo de derogación del Real Decreto-ley 7/2025, de 24 de junio, por el que se aprueban medidas urgentes para el refuerzo del sistema eléctrico.

O artigo 28 do devandito RDL 7/2025, do 24 de xuño, modificaba os artigos 74.5 e 103.2 b) do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo (en diante TRLRHL) referentes ás «bonificacións potestativas» do imposto sobre bens inmobles (IBI), e á «Xestión tributaria das bonificacións potestativas» pero neste caso dentro do marco do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).

A Constitución española, no seu artigo 86, establece que o Goberno poderá ditar reais decretos leis en casos de extraordinaria e urxente necesidade, pero as ditas disposicións terán que ser sometidas a validación ou derrogación polo Congreso dos Deputados no prazo máximo de trinta días desde a súa promulgación. Como consecuencia diso, o 22 de xullo de 2027, publicábase nota de prensa na que se informa da derrogación do RDL 7/2025, do 24 de xuño, que o 24 de xullo, publica o BOE.