Ampliación do permiso de nacemento e coidado
XEFATURA DO ESTADO
Conciliación da vida familiar e da vida profesional. (BOE 30/07/2025)
Real Decreto-lei 9/2025, do 29 de xullo, polo que se amplía o permiso de nacemento e coidado, mediante a modificación do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, para completar a transposición da Directiva (UE) 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores, e pola que se derroga a Directiva 2010/18/UE do Consello.