Estás en:Novas

Formoso compartiu en Cee o nomeamento de Francisco Caamaño como fillo predilecto da localidade

Formoso compartiu en Cee o nomeamento de Francisco Caamaño como fillo predilecto da localidade

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu esta mañá ao nomeamento de Francisco Caamaño como fillo predilecto de Cee. No acto, na Casa do Pobo da localidade, tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, a subdelegada do Goberno alcaldes e alcaldesas da comarca. O homenaxeado recibiu a distinción de mans da rexedora ceense, Margarita Lamela, na presenza dos numerosos veciños e veciñas que se achegaron ata o auditorio do edificio municipal. Despois, descubriuse unha placa co seu nome no Xardín dos Ceenses Ilustres.

Catedrático de Dereito Constitucional, Francisco Caamaño foi letrado do Tribunal Constitucional entre 1993 e 2001 e ministro de Xustiza de 2009 a 2011.