O Corpo de Cristo (Sala tinta e equidade, do 1 ao 21 de setembro)
Tal como adiantabamos a pasada semana, os Clubs de lectura dixital, da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, botan a andar en setembro, e a sala que comeza é a de Tinta e equidade.
Acompáñasnos nesta nova singradura?
								             Comezamos lectura no club dixital eBiblioDaCoruna, nesta ocasión cunha obra moi "nosa", pois foi o proxecto que presentou a autora o gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, e que se convertiría logo na proxecto galardoado co Premio Nacional de Cómic 2024.
- Obra: O Corpo de Cristo
 - Autora: Bea Lema
 - Sala: Tinta e equidade
 - Moderadora: Maitane Vicente
 
A versión que imos traballar, é a publicada pola Deputación da Coruña no 2018. Podemos dicir que é a fonte da posterior edición da coñecida editora, especializada en banda deseñada, Astiberri, xa dispoñible en papel e en dixital a partir do vindeiro ano.
Trátase dunha autora da provincia e unha obra cun dos nosos premios máis queridos, agardamos que a gocedes tanto coma nós!
---
Se aínda non tomas parte do club de lectura, dáte de alta! Poderás compartir e comenta desde calquera lugar e en calquera momento.
Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/tinta-e-equidade
Enroládevos!
                  
                  
                
          
    
                