Nombre y animales (Sala páxinas de orgullo, do 5 ao 25 de setembro)
Tal como adiantabamos a pasada semana, os Clubs de lectura dixital, da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, botan a andar en setembro, agora é a quenda da sala Páxinas de orgullo
Acompáñasnos nesta nova singradura?

Comezamos lectura na sala Páxinas de orgullo do club dixital eBiblioDaCoruna:
- Obra: Nombres y animales
- Autora: Rita Indiana
- Sala: Páxinas de orgullo
- Moderadora: Nuria Vil
Nombres y animales
"Dinamitando desde a base o realismo máxico, pero nutríndose, en certo sentido, da súa absoluta liberdade fabuladora, a escritora dominicana Rita Indiana constrúe nesta prodixiosa novela, un edificio narrativo gobernado por unha entrañable adolescente (que, desde as primeiras páxinas, vólvese fundamental na nosa vida de lectores) e habitado por unha familia tan peculiar como, aínda que soe a contradición, e xa entenderán por que, «corrente».
Mentres os pais da protagonista deixan o Caribe para visitar a Exposición Universal de Sevilla de 1992, ela emprégase na clínica veterinaria dos seus tíos Fin e Celia, dous personaxes debuxados cunha precisión e un humor únicos, marca da autora. Historias rocambolescas, animais sen nome, fillos ilexítimos, haitianos maltratados, amantes doutro tempo... e tamén deste.
E, por suposto, como en todos os veráns a esa idade, o descubrimento do sexo. Ou sexa, Armenia, Radamés, Vita, Guido, Cutty, Mandy, Uriel, Claudia... Maxia e estupor unhas veces; misterio e desexo outras. Unha dobre volta ao tema do culebrón latinoamericano e ao tema da novela de iniciación. Unha novela esmagadora, escrita en estado de graza."
Rita Indiana
Rita Indiana (Santo Domingo, 1977) é escritora, compositora e Global Distinguished Professor no mestrado de escritura creativa en español da New York University. Colaborou en El País, The Boston Globe, Granta e Vice, e as súas novelas traducíronse a dez idiomas.
Obra
- La mucama de Omicunlé (Periférica, 2015), finalista en la Bienal de Novela Mario Vargas Llosa de 2016 y Gran Premio de la Asociación de Escritores del Caribe, primeira novela en español en obtelo.
- La estrategia de Chochueca (Isla Negra, 2003)
- Papi (Periférica, 2011)
- Nombres y animales (Periférica, 2013)
- Hecho en Saturno (Periférica, 2018)
Música
- El juidero
- Mandinga Times, este último nomeado para os Premios Grammy Latinos.
---
Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!
Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.
Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/paxinas-orgullo/
Animádevos!