Ler teatro : Obradoiro de novas experiencias lectoras
Velaquí un programa para lermos, contextualizar e descubrir escritoras e escritores teatrais das nosas letras e do noso proceso de emerxencia cultural. O teatro galego a súa historia recente e a súa lectura.
Ler teatro : Obradoiro de novas experiencias lectoras
O teatro tamén é literatura. Lese pouco. Vese pouco nas librarías. Apenas figura nos programas escolares. É certo. Pero, como podemos xogar cun texto literario na intimidade da experiencia lectora? Que ten este xénero literario de especial? Que hai de diferencial nun guión que apela constantemente ao voo da escena? Velaquí un programa para lermos, contextualizar e descubrir escritoras e escritores teatrais das nosas letras e do noso proceso de emerxencia cultural. O teatro galego a súa historia recente e a súa lectura.
- Coordinador: Roberto Pascual, gañador do XX Premio Rafael Dieste 2021
- Días: os xoves 18, 25 de setembro, e 2 e 9 de outubro do 2025
- Hora: 19:00 - 20:30 h
- Prazas: 25
- Lugar: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany
ACTIVIDADE CON INSCRICIÓN PREVIA: Inscrición a partir do 8 de setembro de 2025.
Programa
Día 1: Xoves 18 de setembro de 2025. Hora 19:00 h. Sala CAM. Biblioteca Provincial
A historia da literatura dramática galega foi estudada por varios especialistas. Laura Tato, Manuel Vieites, Dolores Vilavedra ou Henrique Rabuñal, entre outros, ofreceron varias posibilidades de periodización e sistematización dos trazos formais da literatura galega recente. Leremos textos representativos dos diferentes períodos que van da Xeración de 1925 á que pertence Rafael Dieste até a época Abrente e as novas voces xurdidas arredor da ESAD, do novo Abrente, das xornadas impulsadas pola Asociación DramaturgA ou de novos certames coma o Laudamuco.
Convidado/a: Lidia Veiga, actriz.
Día 2: Xoves 25 de setembro de 2025. Hora 19:00 h. Sala CAM. Biblioteca Provincial
Accións e intervencións, poesía, relato, trama e paisaxe. Como ler os diversos estilos teatrais? Unha peza pode ter unha estrutura en escenas, cadros, actos, capítulos... Pode ter personaxes ou voces, propor a construción de figuras de ficción ou de actantes-executantes. Pode contarnos unha historia ou recrear atmosferas e paisaxes. Pode ser un anaco de vida no teatro realista ou unha dilatación ou variación rítimica dunha situación ou ambiente no teatro máis simbolista. Pode ter unha trama secuencial ou fragmentada. A literatura dramática galega contemporánea ofrécenos todos eses exemplos. Leremos fragmentos de obras de Esther Carrodeguas, Roberto Salgueiro, Raúl Dans, Ana Abad de Larriva ou Avelina Pérez.
Convidada: Melania Cruz, actriz.
Día 3: Xoves 2 de outubro de 2025. Hora 19:00 h. Sala CAM. Biblioteca Provincial
Ler os Premios Rafael Dieste. O Premio Rafael Dieste é todo un referente de prestixio no sistema teatral galego. En 2021 chegou á súa edición número XX e grazas ao acordo de colaboración tamén coa ADE, dende hai uns anos conta cun impulso de tradución e edición bilingüe, con introducións críticas nas publicación desta Asociación de proxección estatal. Lecturas comentadas de fragmentos de Gustavo Pernas, Teresa Moure, Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño.
Convidado/a: Marta Lado, dramaturga e actriz.
Día 4: Xoves 9 de outubro de 2025. Hora 19:00 h. Sala CAM. Biblioteca Provincial
Lemos o premio Rafael Dieste 2023 e conversamos co autor/a gañador/a do Premio Dieste 2025.
Convidado/a para lectura dramatizada: Autor/a gañador/a do Premio Rafael Dieste 2025.