Estás en:Novas

Inaugurada a exposición Golfiños na Proa na Lonxa de Fisterra

Permanecerá aberta ata o 24 de setembro. O horario será, de luns a venres, dende as 16:00 horas ata a fin das poxas de peixe e marisco.

Inaugurada a exposición Golfiños na Proa na Lonxa de Fisterra

Esta exposición organizada pola Sección de Medio Ambiente da Deputación da Coruña, foi creada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e conta con diversos paneis informativos e restos óseos de varias especies de baleas, golfiños, toniñas, lobos mariños, tartarugas mariñas... Unha exposición moi didáctica e amena deseñada para todos os públicos.

Queremos agradecer á Confraría de Pescadores Nosa Señora das Areas de Fisterra a cesión do local na súa marabillosa lonxa de venda de peixe.

Esta exposición posteriormente viaxará a:

• Arteixo, entre o 3 e o 15 de outubro de 2025, no Museo Mar de Sorrizo.
• Boiro, entre o 17 de outubro e o 4 de novembro de 2025. No hall da Casa Consistorial.
• Melide, entre o 14 e o 27 de novembro de 2025, no Centro Sociocultural Mingos de Pita.