I Xornada Micolóxica no Pazo de Mariñán, inscricións ata o 24 de setembro
Introducirá aos/ás asistentes, de todas as idades, no mundo dos fungos nunha contorna única como é o Pazo de Mariñán.
Será o sábado, 11 de outubro, pola mañá. Constará de dúas charlas curtas e un roteiro de identificación de cogomelos polos terreos do Pazo.

A Deputación da Coruña contará con expertos da Asociación Micolóxica Coruñesa que impartirán, dende ás 10:00 ata as 11:30 horas, dúas charlas curtas de introdución e curiosidades dos fungos. Posteriormente, dende as 12:00 horas ata as 13:30, acompañáran aos/ás participantes nun roteiro polos terreos do Pazo de Mariñán, explicando a variedade de cogomelos do lugar e a súa importancia ecolóxica. Todo iso nun lugar único con vistas á Ría de Betanzos, rodeados de árbores centenarias cun porte e tamaño difíciles de atopar no medio natural.
A inscrición é de balde. Pode ampliar información e anotarse á actividade na seguinte ligazón: I XORNADA MICOLÓXICA