Estás en:Novas

A Deputación inicia as obras de renovación do firme da estrada que une Carballo e Razo

Os traballos, cun investimento de 376.984 euros, estenderanse nun tramo de 6,6 quilómetros da estrada DP-1902

A Deputación inicia as obras de renovación do firme da estrada que une Carballo e Razo

A Deputación da Coruña iniciou as obras de mellora integral do firme da estrada provincial DP-1902, vía que conecta os núcleos de Carballo e Razo, cun investimento de 376.984,08 euros.

Os traballos afectan a un treito de 6,6 quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 2+450 e 9+000. A intervención consistirá na limpeza de cunetas ao longo do trazado, co obxectivo de mellorar o drenaxe da estrada e evitar o deterioro prematuro. Así mesmo, realizarase o fresado e a reposición puntual do firme nas zonas onde se detectaron afundimentos ou degradacións.

Como parte fundamental da obra, procederase ao estendido dunha capa de mestura bituminosa quente (MBQ) cun espesor de 6 centímetros, que proporcionará unha superficie uniforme, segura e adaptada ao tránsito rodado, especialmente ao tráfico pesado. Tamén se executará o recrecido das tapas de rexistro para adaptalas á nova rasante e evitar desniveis que poidan afectar á condución.

A mellora completarase coa renovación da sinalización horizontal, que permitirá unha correcta delimitación dos carrís e incrementará a seguridade viaria, así como coa substitución ou reposición da barreira de seguridade nas marxes da estrada.

Durante as obras habilitarase circulación alternativa por un dos carrís do vial, regulada con semáforos.