Estás en:Novas

Acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual no sector público

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 80/2025, do 8 de setembro, polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
Artigo 2. Ámbito de aplicación
(...)
4. No non reservado á lexislación do Estado, aplicarase esta norma ao persoal funcionario e laboral da Administración ou do sector público local, sen prexuízo da aplicación da lexislación establecida para o persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.