Estás en:Novas

FHN: convocatoria do posto de secretario/a de Administración municipal do Concello de Santiago, libre designación

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional denominado secretario/a de Administración municipal do Concello de Santiago de Compostela.

Corporación: Concello de Santiago de Compostela.
Posto: secretario/a de Administración municipal do Concello de Santiago de Compostela.
Subescala: secretaría.
Categoría: superior.
Nivel de complemento de destino: 30.
Complemento específico anual: 41.142,35 euros.
Coñecemento da lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio.