Estás en:Novas

A deputada de Benestar Social participou na Xornada do Día da Saúde Mental de APEM

A deputada de Benestar Social participou na Xornada do Día da Saúde Mental de APEM

A deputada provincial de Benestar Social, Mar García Vidal, participou na Xornada do Día Mundial da Saúde Mental 2025, organizada pola Asociación Pro Enfermos Mentais, que tivo lugar no Auditorio da Sede Afundación da Coruña.

Durante o acto, García Vidal destacou a importancia de reforzar o compromiso institucional coa saúde mental, especialmente no ámbito dos coidados e do acompañamento ás persoas coidadoras. Subliñou que "non pode existir un verdadeiro sistema de benestar se non coidamos tamén a quen coida", poñendo o acento na necesidade de desenvolver políticas públicas que garantan recursos, apoio emocional e recoñecemento social para este colectivo.

A deputada valorou moi positivamente o lema da xornada —"Quen coida a saúde mental de quen coida?"— e agradeceu o traballo das entidades sociais, profesionais e familias que, desde distintos ámbitos, contribúen a mellorar a saúde mental comunitaria.

Mar García Vidal destacou o compromiso da Deputación co fortalecemento das redes de apoio social e sanitario, así como co impulso de programas que promovan a igualdade, a empatía e a corresponsabilidade nos coidados.