Estás en:Novas
Actividades da Biblioteca provincial nos concellos da provincia

Encontro coas Letras no Concello de Ortigueira

A Biblioteca municipal de Ortigueira "Juan Fernández Latorre" acolleu onte no Día das Escritoras a actividade de dinamización da literatura.

Encontro coas Letras no Concello de Ortigueira

Onte  celebramos o Día das Escritoras con Abril Camino, gañadora do Premio Xerais de Novela 2025, e María Nieto, presidenta da Asociación Galega de Escritores no Concello de Ortigueira.

Baixo o lema de "Escribir baixo os afectos" Abril Camino falou da súa obra "Mulleres que viven xuntas" que xa a tedes dispoñible para a súa lectura da Biblioteca Provincial.

Moitas grazas á Biblioteca Municipal e ao Concello de Ortigueira pola acollida da actividade e seguimos espallando a literatura e a lectura polas bibliotecas da provincia.

encontrocoasletrasortigueira1.jpg



#DíadasEscritoras #DiadelasEscritoras #AGER #EncontrosCoasLetras #Deputación #ACoruña #BibliotecaProvincial #ALiteraturaCobraVidaNasBibliotecas #actividadesbpdc #abpdcnaprovincia