Estás en:Novas
Accións da BPDC na provincia da Coruña

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

A Biblioteca Provincial da da Deputación da Coruña convoca a I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia de A Coruña.

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA
Organiza: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Venres 21 de novembro de 2025

Pazo de Mariñán ( Bergondo)

Programa preliminar:

9:30 horas.- Acreditación de asistentes

10:00 horas.- Benvida institucional

10:15 horas.- Relatorio

10:45 horas.- Relatorio

11:30 horas.- Pausa café

12:00 horas.- Relatorios e mesas redondas

14:00 horas.- Almorzo

15:30 horas.- Mesas de traballo e visita guiada ao Pazo de Mariñán

17:00 horas.- Conclusións sobre as mesas de traballo

18:00 horas.- Peche da xornada

DESCRIPCIÓN DA XORNADA

A Biblioteca Provincial da da Deputación da Coruña convoca a I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia de A Coruña.

Durante un día completo de traballo as persoas participantes poderán escoitar a diversos relatores e relatoras de relevancia no eido da biblioteconomía, a literatura e a xestión cultural, debatir sobre o traballo diario das bibliotecas municipais da provincia da Coruña e traballar conxuntamente para establecer as metas a alcanzar nos vindeiros anos dentro do sector.

A xornada contará con ponencias en horario de mañá e tarde, talleres de traballo conxunto, visita guiada ao Pazo de Mariñán e un almorzo de convivencia.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Podes facer a túa preinscrición cubrindo o formulario de participación antes do 14 de novembro.

A xornada está aberta ao persoal dos 93 concellos da provincia da Coruña que traballen ou teñan relación coas bibliotecas dos seus concellos, xa que nos gustaría crear unha diagnose viva do ámbito bibliotecario provincial.

FORMULARIO DE DE PREINSCRICIÓN

Información e contacto en:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

biblioteca.info@dacoruna.gal e no 981 415 175

I-Xornadas-Bibliotecas_Provincial_IG.jpg