Estás en:Novas

FHN: convocatoria para a provisión de interventor/a xeral do Concello de Lugo, libre designación

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025, dá Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional denominado interventor/a xeral do Concello de Lugo.

Corporación: Concello de Lugo.
Posto: interventor/a xeral do Concello de Lugo.
Subescala: intervención-tesouraría.
Categoría: superior.
Nivel complemento destino: 30.
Complemento específico anual: 36.645,00 euros.
Coñecemento lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio.